Venres. 03.05.2024
El tiempo

A cativada do CRA Ponte da Pedra viaxaron polo Museo Virtual

CRA Ponte da Pedra co Museo Virtual da Fundacion Maria Jose Jove
Un peque do CRA carballés en plena viaxe
A cativada do CRA Ponte da Pedra viaxaron polo Museo Virtual
A Escola Rural Agrupada Ponte da Pedra de Carballo (@cra.pontepedra) acolle, por segundo ano, a visita do Museo Virtual da Fundación María José Jove. Unha plataforma dixital para fomentar a accesibilidade á cultura e, especialmente, ao arte contemporáneo, dos menores do rural galego.

A escola acolleu estes aparellos singulares do “MUV” que puideron probar os 113 cativ@s de Artes, Cances, Mirón, Rega, Sísamo, Verdillo e Xoane. Realizaron así unha viaxe virtual por un mar de salas dun museo dun xeito absolutamente diferente. “Pensaba que ía ser outra cousa distinta”, recoñecen os peques. “A min pareceu moi estrano ir a outro sitio”, “pareceume xenial a experiencia” que de seguro, é inesquecible.

Novas relacionadas

Comentarios