Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Círculo Feminista de Carballo convoca un minuto de ruído contra o terrorismo machista

un minuto de ruido contra o terrorismo machista
O Círculo Feminista de Carballo convoca un minuto de ruído contra o terrorismo machista

Carballo vive días convulsos e emotivos. A agresión homófoba da semana pasada provocou unha voráxine de acontecementos que demostra que a sociedade carballesa está convencida de poder bater esta enfermidade social.

Este domingo, 24 de novembro, ás 12:00h na Praza do Concello, terá lugar unha concentración convocada polo Círculo Feminista de Carballo, con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista, fixado no 25 de novembro. O obxectivo é amosar a súa repulsa ante todas as violencias contra as mulleres.

”Queremos dar visibilidade ás 90 vítimas asasinadas no que vai de 2019 pola violencia machista, polo que chamamos á participación de 90 mulleres con roupas vermellas para representar a esas 90 asasinadas”, explican.

Unha concentración que non será silenciosa, e farán un minuto de ruído en lugar dun minuto de silencio. Por isto, tamén fan un chamamento ás persoas asistentes para que traian potas, tixolas e outros obxectos para facer este minuto de ruído.

Novas relacionadas

Comentarios