Mércores. 11.12.2019
El tiempo

A sociedade carballesa sae á rúa contra a violencia homófoba

Impresionante a resposta inmediata de todo Carballo á agresión homófoba vivida hai 10 días. O concello reaccionaba mantendo unha reunión co Observatorio coruñés contra a LGTBIfobia e sacando a bandeira do arco da vella ao balcón, e de contado xa comezaron as actividades, como a emocionante cita vivida no Casino 1889.

Concentración no Parque do Anllóns de Carballo contra a violencia homófoba
Concentración no Parque do Anllóns de Carballo contra a violencia homófoba
A sociedade carballesa sae á rúa contra a violencia homófoba

Da man da asociación ALAS e do propio Observatorio LGTBIFobia da Coruña, coa presencia do Concello e do Círculo Feminista de Carballo, o Casino acollía un encontro para debater a situación. #CarballoSenOdio era o lema do encontro. Se ben as rapazas que foron agredidas non pudieron estar presentes, si que quixeron enviar unha mensaxe por medio dunha amiga agradecendo o apoio. “Unhas rapazas que agradecen, non só o apoio que a sociedade lles está a mostrar, senón tamén que se realicen este tipo de actos, como o que acollemos no Casino, porque é necesario contar todo isto que está pasando”, cóntannos dende a comprometida entidade carballesa.

A cita serviu para escoitar algunhas experiencias persoais aterradoras nos tempos que corren que dan unha idea de que non vivimos no mundo civilizado que nos parece a algunhas, senón noutro máis cruel.

Tamén serviu para sacar á luz os recursos que existen e os apoios que dan para as personas do colectivo LGTBI.

Ao remate do encontro, houbo unha concentración no parque onde foron agredidas como mostra de rexeitamento.

Evento no Casino 1889 de Carballo sobre LGTBI

Colectivo ALAs en Carballo
Membros do Colectivo ALAS na cita
Novas relacionada<

Comentarios