Venres. 29.03.2024
El tiempo

Comezan as reunións en Ardaña e en Oza para a constitución dos Consellos Parroquiais

Comezan as reunións en Ardaña e en Oza para a constitución dos Consellos Parroquiais
O obxectivo dos Consellos Parroquiais e impulsar a participacion cidada O principal obxectivo dos Consellos Parroquiais é impulsar a participación cidadá Despois da súa estrea na rede, acaban de poñerse en marcha as primeiras xuntanzas nas distintas parroquias de Carballo para avanzar na constitución dos Consellos Parroquiais como mecanismos de participación cidadá. O obxectivo destas reunións é o de ampliar a participación e darlle a oportunidade a calquera persoa que o desexe de integrarse no Consello da súa parroquia. As reunións terán lugar a partir do mes de outubro ata celebrar unha por cada parroquia de Carballo - agás a capital municipal - nas que se informará polo miúdo deste proceso. O obxectivo final destas reunións, ademais de informar, será a de constituír o primeiro Consello de cada parroquia, dando cabida a todas as persoas interesadas a participar neles. En Ardaña celebrarase hoxe a primeira destas xuntanzas mentres que mañá xoves será en Oza. Nos dous casos ás 20:30 horas. Participación Os Consellos Parroquiais están abertos á participación de todas as asociacións que xa existen nas parroquias, así como con todas as veciñas e veciños que o desexen. Por iso, durante os meses de maio e xullo celebráronse seis encontros con asociacións, abertos a toda a veciñanza interesada, e nos cales as persoas de distintas parroquias manifestaron xa o seu interese en formar parte dos Consellos. Aquelas persoas que non teñan a posibilidade de estar na reunión da súa parroquia e teñan interese en sumarse ao Consello Parroquial, poden manifestalo chamando ao teléfono 608 201 251 ou no enderezo electrónico [email protected]. Novas relacionadas Fonte

Comentarios