O Concello de Carballo pide á cidadanía que “estea especialmente atenta ás comunicacións eletrcónicas ou telefónicas tralo ciberataque”
O Concello de Carballo, unha semana despois do ciberataque, está en proceso de información pública sobre o suceso. Onte, martes 2 de maio, celebrouse un pleno no que, ademais do sorteo das mesas electorais, o grupo de goberno ofreceu un informe detallado do informático municipal detallada á corporación sobre a situación.
O Concello, “como responsable do tratamento dos seus datos persoais”, quere informar tamén á cidadanía, recoñecendo que “o puido acceder a determinada información do Concello e encriptala”. “Este incidente de seguridade tivo como consecuencia que persoas alleas ao Concello poderían ter accedido á súa información persoal e a da súa familia. En concreto, este acceso non autorizado podería afectar a todos os datos persoais dos que dispón este concello”, recoñece o Concello.
Explican os protocolos de seguridade establecidos de inmediato a través do Centro Criptolóxico Nacional (CCN), a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado competentes, “e estase a traballar na recuperación da información que foi encriptada”.
Por iso, pide á veciñanza que “estea especialmente atento/a ás comunicacións electrónicas ou telefónicas que poida recibir e que poidan resultar sospeitosas de ser fraudulentas, así como a calquera actividade, fóra das habituais, relacionada cos seus datos persoais ou os dos membros da súa familia, nas vindeiras semanas”.
Para calquera dúbida acerca deste incidente, en materia de Lei de Protección de Datos, o Concello abre o correo [email protected].
NOVAS RELACIONADAS
-
- 02-05-23: Domingo Guerra: "O que perseguen os ciberdelincuentes que atacaron o Concello de Carballo é cobrar un rescate”.
- 29-04-23: Os delincuentes informáticos utilizaron un virus ramsomware para o ciberataque ao Concello de Carballo
- 27-04-23: O Concello de Carballo recupera, paseniño, a normalidade tralo ciberataque.
- 26-04.23: Un ciberataque paraliza a actividade municipal no Concello de Carballo.
- Domingo Guerra (maio 2022): A ciberseguridade.