Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Convocada unha reunión aberta para analizar a mobilidade na zona dos Baños Vellos

Banos Vellos-Carballo-Participacion cidada
Banos Vellos-Carballo-Participacion cidada
Convocada unha reunión aberta para analizar a mobilidade na zona dos Baños Vellos


Continúa Carballo ordenando a súa mobilidade, e contando coa veciñanza para facelo. Así, convoca para o vindeiro 14 de xaneiro, ás 19.00 horas, unha xuntanza aberta na Biblioteca Rego da Balsa para recoller ideas de cara a artellar o Plan director para a mellora do espazo público urbano e da mobilidade na zona dos Baños Vellos. 

Asuntos como o urbanismo e da accesibilidade, son fundamentais debido ás especiais características do amplo e emblemático ámbito urbano comprendido entre as rúas Enrique Sánchez, Ánxel Fole, Ponte, Camiño Novo, Vázquez de Parga e Perú.

Antes deste proceso de participación cidadá, realizáronse diferentes traballos de campo, como a medición dos fluxos de vehículos, persoas e bicicletas ao longo do día, así como da ocupación das zonas de aparcamento situadas na contorna, ademais de intentar detectar os problemas de mobilidade que afectan a ese ámbito concreto. Tamén se realizou un censo de locais, xunto cunha enquisa ao empresariado da zona na que se rexistrou un índice de participación moi elevado.

Novas relacionadas

Comentarios