O custe do servizos provoca o aumento de 2,5 millóns no gasto corrente do Concello de Carballo
O pleno deste xoves 19 no Concello de Carballo debaterá a aprobación do orzamento municipal de 2025. A cifra presentada polo grupo de goberno acada os 33.901.336,36 euros, convertíndose no orzamento máis alto da historia. Unha cifraque poderá ser aínda maior se o Goberno do Estado permitise aos concellos, como leva facendo desde a pandemia, incorporar ao longo do ano remanente de tesourería para gastos xerais.
A nota máis destacada é o importante incremento do custe dos servizos. "Só pola iluminación pública o Concello de Carballo pasará de pagar 1,5 millóns de euros neste 2024 a 2,5 millóns no 2025", explicaron. Pero non só sobe a factura da luz, senón tamén as de Sogama (un 47% máis cara), a da limpeza dos colexios (42%), a canceira (60%) ou a seguridade da Unidade de Condutas Adictivas (181%).
Co custo dos servizos á alza, o capítulo de gasto corrente dispárase ata os 17,4 millóns de euros, é dicir, 2,5 millóns máis que no 2024.
Tamén aumentan os gastos de persoal como consecuencia do proceso de estabilización que se levou a cabo ao longo de todo o ano, e que rematará este mes, e pola creación de novas prazas.
Investimentos
As contas, aseguran, seguirán tendo como prioridade é o gasto social, que acadará o vindeiro ano os 3,8 millóns de euros, incluídos 1,9 millóns para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
As principais actuacións que se acometerán cos tres millóns de euros destinados a investimentos, serán a reforma do Pazo da Cultura cunha subvención da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Apuntou ademais que esa cifra será moi superior cando remate o ano, e puxo como exemplo que nos orzamentos do 2024 figuraban 4 millóns pero os investimentos reais superarán os 11 ao peche deste ano.
En canto aos ingresos, o dato máis destacado é o incremento das a, a chegas do Estado e da Deputación da Coruña. A actualización dos padróns fiscais e a revisión de varias ordenanzas tamén figuran entre os factores que contribúen a aumentar os ingresos.