Unha denuncia por malos tratos permite destapar un punto de venda de droga en Carballo

10:46 06/04/23
Despois de asistir e protexer á vítima, procederon á detención do presunto agresor, atopando indicios de que o devandito domicilio podería ser un punto de venda de substancias estupefacientes polo miúdo. Durante a actuación policial, a Garda Civil atopou unha bolsa de plástico con 21 doses de cocaína, 32 gramos de marihuana e unha báscula de precisión, que o detido dixo que era da súa parella, que vende droga no domicilio conxugal.
Por estes feitos, a Garda Civil procedeu ao traslado do home que xa tiña antecedentes por ambos os delitos, xunto coas substancias estupefacientes, a Dependencias Oficiais para poñer a disposición do Xulgado de Violencia sobre a Muller e Instrución de Carballo.