Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Denuncian o esquecemento dos profesionais dos Centros Asistenciais de Adiccións

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde non lles considera persoal de risco pese ao seu contacto diario con pacientes
Edificio de Proteccion Civil de Carballo
Denuncian o esquecemento dos profesionais dos Centros Asistenciais de Adiccións

Na Unidade de Condutas Adictivas de Carballo dos 6 profesionais, 2 non foron vacinados (nin está prevista a súa vacinación, polo que lles tocará por grupo de idade de poboación xeral, non por traballar nun centro sanitario) e os outros 4 recibiron ata agora só a primeira dose de Astrazeneca.

Unha situación que se torna aínda peor nos centros de accións de Galicia, onde máis da metade dos profesionais está sen vacinar tras 13 meses de pandemia. Dende as direccións dos centros da Rede de Tratamento de Condutas Adictivas de Galicia fan pública a súa preocupación pola “progresiva marxinación coa que o Goberno Galego trata a este tipo de dispositivos sanitarios onde se atenden anualmente a máis de 13.000 persoas con adiccións, na súa maioría usuarias de drogas”.

Aseguran que “só o 33% do persoal destes centros completou o proceso de vacunación, mentres o 37% recibiu unha soa dose da vacuna de Astra Zeneca e o 30% restante permanece sen iniciar o seu vacunación”. Por iso consideran “un agravio comparativo con outros centros sanitarios, unha innecesaria prolongación do risco de contaxio para este colectivo de profesionais que non interromperon o seu labor asistencial en ningún momento durante a pandemia e dos seus pacientes que en moitas ocasións presentan outras patologías de risco ou deterioro inmunitario que lles fan máis vulnerables”.

Novas relacionadas

Comentarios