Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Deputación mantén o compromiso coa Unidade de Drogodependientes de Carballo

  • A Unidade Asistencial de Drogodependencias axudou a 490 persoas a abandonar os hábitos tóxicos.
Formoso-Deputacion-Carballo UAD
Á sinatura do convenio acodiron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o presidente Valentín González Formoso e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas.
A Deputación mantén o compromiso coa Unidade de Drogodependientes de Carballo

Fundamental é o traballo da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Carballo. Un centro que dá servizo a 15 concellos das comarcas de Bergantiños e Costa da Morte (Camariñas, Fisterra, Malpica, Cee, Laracha, Muxía, Ponteceso, Coristanco, Laxe, Cabana, Vimianzo, Zas, Corcubión e Dumbría) e que o ano pasado axudou a 490 persoas a abandonar os hábitos tóxicos.

Para mantelo vivio, a Deputación da Coruña contribúe con 30.000 euros, que serven para manter as infraestrururas. No seu cadro de persoal conta con médico, enfermeira, psicóloga, traballadora social e persoal administrativo para prestar unha atención integral aos usuarios e usuarias, tanto no eido médico coma no psicolóxico e social.

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo ofrece servizos de tratamento e prevención de consumo de drogas e alcohol, programa de incorporación social personalizada, actividades de investigación, docencia e coordinación con outros servizos sanitarios e sociais coma centros de saúde, centros penitenciarios ou servizo de Psiquiatría do CHUAC.

Comentarios