Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Unidade de Drogodependencias de Carballo segue viva a pesar da falta de compromiso do Sergas

A Unidade de Drogodependencias de Carballo segue viva a pesar da falta de compromiso do Sergas
Sinatura entre Concello e Deputación para manter o servizo da Unidade de Drogodependencias de Carballo Sinatura entre Concello e Deputación para manter o servizo da Unidade de Drogodependencias de Carballo

Que importante é ter aberta e ben operativa a Unidade de Drogodependencias, sobre todo nunha zona como Bergantiños onde o índice é bastante alto. Unidade Asistencial de Drogodependencias cúbrese, nunha porcentaxe altísima, por parte da Consellería de Sanidade. Pero non na súa totalidade, o que obriga ao Concello a buscar solucións. Veñen de atopar na axuda da Deputación un bo balsamo (de 30.000 euros este ano e outros 40.000 comprometidos xa para o vindeiro) para manter en marcha un servizo que atende na Costa da Morte a 15 municipios e traballa na actualidade con 1.440 expedientes.

En palabras do propio alcalde, “a UAD carballesa é unha unidade das máis completas que existen en Galicia en canto ao número de patoloxías e dependencias atendidas”. Ademais, destacaron que a UAD carballesa presta servizo non só ás drogodependencias en sentido estrito, senón que atende outras condutas adictivas relacionadas co alcohol, o xogo, os teléfonos móbiles ou o tabaco.
Por estes motivos a Deputación entendeu dende o comezo que se trata dun servizo supramunicipal.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a deputada provincial de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero, Ánxela Franco, asinaron na mañá de onte na casa do concello o convenio coa Deputación da Coruña para a vixilancia da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD). Ao acto asistiron tamén a directora da UAD, Lourdes Suárez, e os concelleiros de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira; de Obras e Servicios, Luis Lamas; de Facenda, Patrimonio, Persoal e Réxime Interior, Belén Lendoiro; e de de Sanidade e Terceira Idade e tamén a responsable en Carballo da UAD, Mari Carmen Regueira.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios