Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Detido un carballés por varios roubos con gas pementa en xoierías

Detido un carballés por varios roubos con gas pementa en xoierías

Varios roubos con violencia perpetrados en xoiarías das localidades de Ordes, Santa Comba e Santiago de Compostela, agredindo aos dependentes con gas pementa, durante o pasado mes de xullo, alertaron á Garda Civil, que abría a operación “Aereosol”.

O home simulaba o seu interese en adquirir diferentes pezas de xoiaría, solicitando aos dependente que lle mostrasen varios exemplares. No momento no que tiña sobre o mostrador o suficiente número de pezas de xoiaría, e aproveitando unha menor distancia co dependente, agredíao utilizando un spray de gas pementa, fuxindo a continuación co botín de xoias que lle estaban mostrando.

Malia cambiar de vehículo (realizaba estafas na compravenda) e de teléfono continuamente, a Garda Civil lograba identificar ao presunto autor dos feitos, “o cual resultou ser coñecido das forzas de seguridade pola comisión de numerosos ilícitos de diversa índole, constándolle varias requisitoria de diversos Xulgados de Asturias e Galicia”.

Finalmente, o Equipo Territorial de Policía Xudicial (ETPJ) da Garda Civil de Carballo en colaboración co Equipo Territorial de Policía Xudicial (ETPJ) da Garda Civil de Santiago de Compostela detivo a un home, veciño de Carballo, como presunto autor de tres delitos de roubo con violencia e dous delitos de estafa. O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Carballo.

Comentarios