Domingo. 21.04.2024
El tiempo

Tres detidos como presuntos autores dun delito contra os dereitos dos traballadores polo accidente laboral de Bértoa

poligono_bertoa
Tres detidos como presuntos autores dun delito contra os dereitos dos traballadores polo accidente laboral de Bértoa

O pasado 26 de febreiro un home perdía a vida nun accidente laboral no polígono de Bértoa. O home faleceu ao caer ao baleiro da carretilla elevadora na que se atopaba.

A partir de aí, a Garda Civil iniciou unha investigación para esclarecer as circunstancias do sinistro. Como resultado do traballo de campo realizado, os membros da Equipo de Policía Xudicial Territorial da Garda Civil de Carballo confirmaron que, no momento do accidente, o falecido carecía de equipos de protección individual destinados a protexer a súa integridade física e evitar a súa caída, así como que esta persoa carecía de acreditación legal para traballar no territorio nacional.

Ante esta situación irregular, a Garda Civil procedeu á detención dun responsable da empresa promotora das obras de reforma e de dous responsables da empresa contratados para a súa realización, como presuntos autores dun delito contra os dereitos dos traballadores.

Máis novas

Comentarios