Un traballador perde a vida nun accidente laboral no polígono de Bértoa

11:13 27/02/24
Un accidente laboral cobrouse a vida du traballador esta pasada tarde de luns 26 de febreiro. O operario, que realizaba labores nunha nave da Rúa Titanio, no polígono de Bértao, en Carballo, caía dende certa altura.
Eran as 18:15 horas, e o 112, mobilizaba á aeronave medicalizada con base en Santiago de Compostela, a Policía Local e da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Carballo.
Finalmente, o persoal sanitario confirmou que malia os esforzos, non se puido facer nada por salvar a vida do traballador.