Venres. 19.04.2024
El tiempo

Diego Calvo anuncia a apertura á participación da muller na vida do PP

PP reunion carballo
Diego Calvo durante a reunión mantida en Carballo
Diego Calvo anuncia a apertura á participación da muller na vida do PP

Diego Calvo, o presidente provincial do Partido Popular da Coruña e candidato á reelección no 16 Congreso Provincial do día 25 de setembro, mantivo estas semanas sendas reunións en Muxía e Carballo. Quixo presentar de primeira man o programa no seo das súas bases, con rexedores, concelleiros e militantes, chegando a máis de 1.000 persoas en toda a provincia.

”Queremos un partido aberto, integrador e onde caiban todas as sensibilidade”, sinalou ao tempo que anunciou a creación dun comité de Igualdade no que se atenderán todas as cuestións relativas á participación da muller na vida do partido. “Pretendemos que sexa un órgano consultivo, aberto á participación de todas as interesadas, desde onde poñeremos en marcha iniciativas destinadas ás mulleres e desde onde denunciaremos calquera situación de desigualdade por mor do xénero, prestando especial atención tanto ao campo do emprego como á da conciliación da vida laboral e familiar”, explicou Calvo, que abriu á posibilidade á organización de seminarios, cursos ou talleres centrados en temáticas que demanden as mulleres.

A creación deste comité protagoniza o segundo anuncio feito polo candidato antes do Congreso Provincial do día 25, pois hai uns días confirmouse a futura posta en marcha dun comité de alcaldes e portavoces municipais que terá como obxectivo a coordinación de accións conxuntas en todos os concellos da provincia.

Comentarios