venres. 26.09.2025
El tiempo

Directivos do sector congresual viven unha experiencia inmersiva en Bergantiños

Turismo MICE Baldaio
Directivos do sector congresual viven unha experiencia inmersiva en Bergantiños

Atraer congresos é o obxectivo do novo ‘Fam Trip’, organizado por OPC Galicia e a Deputación da Coruña. Baixo a marca "A paisaxe que sabe", a entidade quere para dar a coñecer o potencial da provincia da Coruña como sede de eventos.

12 directores empresas de organización de grandes congresos, incentivos e actos corporativos procedentes de distintos puntos de España, estiveron acompañados pola presidenta de OPC Galicia, Ana Trevisani, e viviron varios días de surf, sendeirismo, ioga e motor. 

Tras unha primeira xornada centrada na capital galega e os seus arredores, e a primeira toma de contacto con representantes de empresas e institucións do sector,  o grupo puido gozar dun intenso día de actividades en contacto coa natureza, ás que se sumou o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, quen puxo en valor “un sector estratéxico para o noso país como é o MICE” (o que se chama "meetings, incentives, conferences and exhibitions", é dicir, reunións, inventivos, conferencias e exposicións).

Regueira sinalou que “xera un enorme impacto económico directo e indirecto e desestacionaliza a actividade turística, garantindo oportunidades durante todo o ano”, facendo fincapé en que “a provincia da Coruña ten un enorme potencial para o sector MICE, xa que contamos con infraestruturas de primeiro nivel, unha ampla oferta hostaleira e cultural, e un territorio auténtico que combina innovación, natureza e calidade de vida”.
“Cada congreso ou feira que acollamos”, engadiu, “é unha oportunidade para proxectar a imaxe da Coruña ao mundo e para reforzar o noso tecido empresarial. Queremos seguir impulsando este sector estratéxico, convencidos de que a provincia da Coruña pode consolidarse como un destino MICE de referencia a nivel nacional e internacional.”

Razo Junior PRO

A axenda do día comezou cunha clase de iniciación ao surf na praia de Razo, en Carballo, onde tamén se está celebrando estes días o ou Edommo Junior Prol Razo; unha  sesión de ioga e un roteiro de sendeirismo polo Espazo Natural Razo-Baldaio, no que o grupo puido admirar a praia fósil e contemplar o complexo dunar e as marismas de Baldaio, finalizando a excursión cunha comida a base de produtos típicos da gastronomía galega no glamping Espazo Nature.

Xa pola tarde, os participantes na viaxe de familiarización desprazáronse ata as instalacións da Base Motor Club para gozar dunha emocionante experiencia como unha seda, tomando contacto co mundo da condución deportiva nos circuítos de car cros, off road e trial, antes de poñer o broche de ouro á xornada cunha cea en Leira Gonzaba.


 

Comentarios