Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Unha distinción para a heroica fazaña do Policía Local de Carballo

O Concello carballés xa confirmou que o axente recibirá unha felicitación oficial tan pronto como o permitan as circunstancias provocadas polo COVID-19
Manuel Carracedo, o Policía Local heroe en Carballo
Manuel Carracedo, o Policía Local heroe en Carballo
Unha distinción para a heroica fazaña do Policía Local de Carballo

Manuel Carracedo Muíño volvía de mercar o pan pola Gran Vía. De súpeto veu que a xente miraba cara un edificio, e aló enriba, nunha fiestra do terceiro piso, viu unha muller de avanzada idade, en bata, con medio corpo e mesmo unha perna fóra da ventá. [email protected] veciñ@s berraban pedindo que se metese para dentro pero a muller non reaccionaba.

Malia estar fóra de servizo, non o dubidou, xusto ao decatarse que a muller non estaba limpando as ventás. Despois de berrarlle que se metera dentro (e de facer o propio coa muller do segundo sobre a que podería caer enriba), lanzouse cara o portal, timbrou, subiu as escaleiras chemando aos compañeiros, e unha veciña amosoulle cal era a porta ao chegar ao terceiro piso.

Dispúxose a derribar a porta cando esta se abríu. Era a filla, que non sabía nada do que estaba pasando. Manuel correu cara a habitación que dá a estrada, colleina, abraceina de todo, co brazo da filla polo medio, e a levou en volandas ata o sofá.

Foi un minuto e pico de vertixe, que vale unha vida. “Pensei que non ía chegar a tempo”, recoñece Manuel un deses policías dos de antes, de vocación. “Foi moi rápido, tes que facelo si ou si”, relata dando conta de que nestas accións non pode haber ningún tipo de dúbida. “Hai que actuar, non hai outra. Pero penso que podería facelo calquera compañeiro, outro Policía, un Bombeiro…” comenta quitando ferro.

Resulta que a muller ten alzheimer, e estaba absolutamente bloqueada. De feito, cando chegaron os compañeiros da Policía Local e da ambulancia a muller non sabía onde estaba.

En todo caso, esta acción heroica merece un recoñecemento e así o solicitou o Xefe da Policía Local, Roberto Mosquera, nun escrito presentado no Concello no solicita unha distinción ou un recoñecemento pola actuación policial.

Súmase tamén a Asociación Profesional “Unión Galega de Policías Locais de Galicia” (UGPOL), que pide a felicitación pública e distinción autonómica ao compañeiro carballés.

Novas relacionadas

comentarios