mércores. 30.04.2025
El tiempo

Documental, tradición e teatro familiar para a Axenda carballesa da fin de semana

O espectáculo de raíces 586 cantos chega a Carballo
O espectáculo de raíces 586 cantos chega a Carballo
Documental, tradición e teatro familiar para a Axenda carballesa da fin de semana

Os Venres Culturais, incluídos no programa Cultura con Forza, chegan esta semana á súa fin con dúas propostas moi diferentes. Por unha banda, cunha cita musical para poñer en valor o labor esencial das cantareiras, mulleres creadoras e transmisoras dunha tradición que en Carballo segue viva e ás que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2025. Por outro lado, cunha cita para público infantil e familiar chea de reflexións sobre a vida cotiá. Ademais, a programación destes días inclúe unha nova cita do ciclo A través da lente, un encontro para os amantes da fotografía e da imaxe, cun documental co dirixido por un carballés.

Xoves de Documental

Así, as actividades arrincan o xoves 20 de marzo coa proxección de Dorothé na vila. A musicóloga Dorothé Schubart chegou a Galicia a finais dos 70 e realizou a maior compilación de músicas tradicionais do país. 

A longametraxe, que se proxectará no auditorio do Pazo da Cultura a partir das 20.00 horas, estará presentada polo carballés Alejandro Gándara (co autor e co director da proposta con Olaia Tubío) e por un dos protagonistas da historia, Richi Casás. Tamén ofrecerán un coloquio co público ao remate da proxección. Este documental, de 87 minutos de duración, foi recoñecido co Premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña e tamén foi finalista nos Mestre Mateo. A entrada é de balde ata completar o aforo.

Venres de cantos

Esta iniciativa completa o espectáculo de música en directo 586 cantos, incluído nos Venres Culturais e idea orixinal da MICE (Mostra I. de Cinema Etnográfico) do Museo do Pobo Galego. A proposta afonda no labor e no valor do papel das cantareiras, tendo como inspiración as fotografías, as gravacións sonoras orixinais, as partituras e os textos froito da investigación da mesma Dorothé Schubarth (coa colaboración de Antón Santamarina), que conforma o Cancioneiro Popular Galego.
Richi Casás lidera a parte musical desta obra na que conflúen pandeiretas, jazz e ritmos latinos e que toma como punto de partida os cantos recollidos pola súa avoa Rosa.
Será o venres 21 de marzo ás 21.00 horas no Pazo da Cultura. A duración prevista do espectáculo, dirixido a público adulto, é de 45 minutos. O prezo da entrada é de 5€, 3€ con prezo reducido dispoñibles na billeteira carballesa. Colabora o Museo do Pobo Galego.

Teatro familiar

E os Venres Culturais pechan definitivamente con Kyoki, da compañía galega Elefante Elegante. A palabra Kyoki significa demencia en xaponés. Unha obra para crianzas a partir de 3 anos, para o dominngo 23 ás 18:30h no Pazo da Cultura. Entradas dispoñibles na billeteira carballesa.

kyoki de elefante elegante copia

Exposicións

Por último, hai que lembrar que está prorrogada a exhibición da exposición O son do nordés, da artista plástica vinculada a Carballo Loli España. Estaba previsto que rematara o 28 de febreiro, pero aínda pode visitarse en horario de 17.00 a 21.00 horas na sala do andar -1 do Pazo da Cultura. Organiza a Concellaría de Cultura.

Comentarios