mércores. 30.04.2025
El tiempo

O espectáculo audiovisual 586 cantos chega a Carballo

586 cantos en Carballo MPG
O espectáculo audiovisual 586 cantos chega a Carballo

Música en directo e imaxe dialogan neste espectáculo, unha idea orixinal da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico MICE do Museo do Pobo Galego, para poñer en valor o papel das portadoras e transmisoras da poesía popular oral. A proposta poderá verse no Pazo da Cultura de Carballo, como parte da programación dos Venres Culturais, este venres, 21 de marzo, ás 21:00 horas. 

A orixe do espectáculo é o traballo etnomusicolóxico que Dorothé Schubarth levou a cabo en Galicia, coa colaboración de Antón Santamarina, e cuxo resultado doou ao Museo hai unha década. Gravacións sonoras, fotografías, transcricións de textos e partituras coas que as cineastas Laura Piñeiro e Fran Rodríguez Casal deron forma a unha montaxe audiovisual que se combina no directo coa reinterpretación musical de oito deses cantos, da man de Richi Casás, Fran Barcia, Tania Caamaño e Marina Vidal.

As entradas, a 5 € prezo xeral e 3 € prezo reducido, poden adquirirse aquí: billeteira.carballo.gal

Comentarios