Sábado. 04.07.2020
El tiempo

Dous detidos por roubar unha moto e intentar extorsionar ao propietario

Moto roubada a un veciño de Milladoiro que apareceu en Cances
Moto roubada a un veciño de Milladoiro que apareceu en Cances
Dous detidos por roubar unha moto e intentar extorsionar ao propietario

Este pasado 2 de marzo, a Garda Civil detivo a dous veciños de Carballo, como presuntos autores de dous delitos, un de sustracción de vehículo e outro de extorsión. A Benemérita seguía o caso despois da denuncia dun home, de Milladoiro, ao que lle roubaran a moto, e que pouco despois recibía a chamada dos supostos ladróns pedíndolle 750€ se quería recuperala.

A Área de investigación conseguiu ubicar o vehículo roubado o pasado 27 de xaneiro, no lugar de Cancelas, nunha zona coñecida como O Cruceiro, sen desperfectos. Tardaron mes e pico en descubrir aos presuntos autores dos feitos, que foron detidos esta semana.
A Garda Civil non descata outras detencións.

Novas relacionadas

comentarios