Venres. 19.04.2024
El tiempo

Eirín e Kramer unen a súa arte de confinamento en Carballo

Exposicion Manolo Eirin e Peter Kramer en Carballo
Eirín e Kramer unen a súa arte de confinamento en Carballo

”Desnu2” é o nome da nova exposición que acolle, dende este vindeiro sábado 3 de outubro, a Galería Manolo Eirín. Unha mostra que parte do confinamento, cando estes dous artistas romperon o illamento a través das súas obras. Falamos de Manolo Eirín (Fisterra,1967) e Peter Kramer (danés afincado en Malpica, 1959).

A historia comezaba cando Manolo Eirín enviaba por correo ordinario a Peter Kramer, artista que representa na súa galería, unha mascarilla para que a customizara. Kramer respondeulle tamén por correo ordinario cunha postal realizada en madeira atopada na praia e intervida polos seus nós de algodón.

“Esa necesidade de comunicarse a través da arte pero tamén interpersonalmente en plena pandemia é a base desta mostra”, explícanos Eirín. “Por iso o nome da exposición, Desnu2, fai referencia á produción de dous artistas, aos nós emocionais e artísticos que trazaron durante a etapa de confinamiento, á catarsis que acompaña a calquera proceso creativo e tamén á técnica realizada en algodón por Peter Kramer”.

O resultado son un conxunto de obras formadas por 45 postales de madeira forradas en nó de algodón que Peter Kramer enviará por correo ordinario aos seus compradores e un conxunto de geometrías do mesmo autor. En diálogo con esta obra, o artista e galerista Manolo Eirín, pola súa banda, expón unha serie de cadros vegetales realizados en grafito sobre lenzo e a súa propia colección de geometrías.

A inauguración da exposición Desnu2 será o sábado 3 de outubro de 12 a 18 h da tarde na Galería Manolo Eirín co fin de espaciar ao máximo as visitas. A Galería de Arte Manolo Eirín está na rúa da Estrela, número 17-19 de Carballo.

Comentarios