O Eixo Atlántico segue tecendo pontes entre Concellos de Galicia e Portugal dende Carballo

09:51 17/11/23
O grupo temático de política de innovación social do Eixo Atlántico reuniuse este xoves en Carballo. A xornada de traballo reuniu no salón de plenos da casa do concello a representantes dos concellos de Braga, Guimaraes, Ourense, Santiago, Ferrol e Carballo, así coma da Deputación Provincial de Ourense, que integran a comisión xunto con Culleredo.
A xornada serviu para discutir as estratexias e o plan de acción conxunto no ámbito social, tendo en conta que a organización integra espazos de dous países, pero tamén a necesidade de avanzar no proceso de innovación transformadora dos servizos e das políticas sociais deste amplo territorio ante os novos retos que van xurdindo.