Venres. 03.05.2024
El tiempo

As entidades sociais lembran a importancia do X Solidario na Declaración da Renda

21042023 x_solidario Carballo
As entidades sociais lembran a importancia do X Solidario na Declaración da Renda

A Praza do Concello de Carballo acolleu a presentación da campaña polo X Solidario na declaración da renda, unha iniciativa á que se sumaron nesta ocasión Íntegro, Apem, Afaber, Xunta Local da AECC, Cruz Vermella, Vieiro e Domus Vi, e á que tamén foi convidado o alcalde, Evencio Ferrero.

Representantes e usuarios/as das sete entidades formaron un X humano como símbolo da campaña. Ao remate procederon á lectura dun manifesto conxunto no que
convidaron aos contribuíntes a marcar a casiña “Actividades de interese social” para contribuír, co 0,7% dos nosos impostos, á realización de programas e proxectos para
as persoas en risco de exclusión que máis o precisan. As entidades volveron a pedir tamén á Xunta de Galicia “que reduza a burocracia o máximo posible e unifique todas
as convocatorias nunha soa”.

Comentarios