A Escola Ambiental 21-22 de Senda Nova abre o prazo de inscrición
Se hai unha escola singular na comarca esa é a Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo. A entidade abre o prazo de pre-inscrición para disfrutar dunha programación de actividades de potenciación do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico dentro da comarca de Bergantiños.
Ata o 18 de novembro as familias poden preinscribir, entregando o formulario de pre-inscrición cuberto no Espazo da Natureza de Oza (aberto mércores, xoves e venres de 17 a 20h) ou tamén na Libraría Clarión, situada na Rúa Valle Inclán de Carballo (dentro do seu horario de apertura).
Os formularios son repartidos polos centros de ensino carballeses e tamén estarán disponibles nos mesmos centros de recollida (Espazo da Natureza de Oza e Libraría Clarión).
Poden informarse no 611037617 ou en [email protected].