Os espías de Senda Nova volve agocharse no bosque
Senda Nova comeza una nova xeira de actividades do programa Espías do Bosque. Durante os meses de maio e xuño, coincidindo co final da época escolar e tamén coa mellora climatolóxica, a actividade da rapazada aproveitará aa actividade dos pequenos mamíferos da contorna.
O programa mantén os obradoiros de pegadas e indicios así como obradoiros de coñecemento do hábitat e andainas para a interpretación. Todas as actividades conflúen no obxectivo común de coñecemento da nosa contorna natural a través da fauna autóctona, aprendendo do hábitat.
Nesta época teñen especial relevancias as actividades ao aire libre, con climatoloxía máis favorable. Deste xeito é importante o apoio de Senda Nova a diferentes colectivos e entidades do rural. Dende estes grupos temos oportunidade de achegarnos dunha mellor forma ás aldeas e á poboación da mesma, o que é moi importante á hora de salientar o valor de espazos como as beiras do Anllóns (espazo Rede Natura), ou bosques importantes como a Ribeira da Pena.
Saídas
Entre as cinco actividades programadas existen dúas propostas definidas a público cautivo. Unha delas acollida dentro do CRA ponte da Pedra, onde desfrutarán da acción escolares de infantil das escoliñas rurais de Carballo. Outra delas, encaixada nos participantes do Obradoiro de Acollemento Lingüístico do Concello de Carballo, onde se achegará a natureza bergantiñá a persoas achegadas doutros lugares do planeta.
Nas outras tres propostas poderán anotarse persoas externas á entidade, estando adaptadas a un público familiar.
Deste xeito, dende a A. de Veciños de Aldemunde de Arriba anotarán ás persoas á actividade que se desenvolverá na súa parroquia e dentro dos límites do Bosque da Ribeira da Pena. Será o día 30 de maio.
Asimesmo, a veciñanza de Soandres, na Laracha, colaborá do mesmo xeito na saída interpretada polas fontes do Anllóns, a carón do nacemento do río de Bergantiños. A actividade realizarase o día 12 de xuño.
Por outra banda, o Colectivo Veciñal de Brenlla e Ferreira, realizará os apuntamentos para a actividade do 20 de xuño, que poñerá en valor a natureza do val de Couso, no concello de Coristanco.
