Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Espiral Maior acolle a presentación do libro “Tempos de pandemia”

PRESENTACIÓN-EN-CARBALLO-DO-LIBRO-Tempos-de-pandemia
Espiral Maior acolle a presentación do libro “Tempos de pandemia”

O xoves, día 20, ás 19.30 h., na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34), terá lugar en Carballo a presentación do libro “Tempos de pandemia. Diario dun confinamento”, obra do poeta e escritor coruñés Xavier Seoane e do pintor pontevedrés Xulio García Rivas.

“Tempos de pandemia”, que inclúe 25 poemas de Xavier Seoane e 25 pinturas de Xulio García Rivas, é o resultado dun tempo de reflexión derivado dos confinamentos que tiveron lugar nos primeiros meses da actual pandemia do coronavirus e supón un diálogo creativo entre o impulso poético e a plasmación pictórica levado a cabo polos dous artistas.

Participarán no acto os autores, Xavier Seoane e Xulio García Rivas, e o director de Edicións Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello. 

Na actualidade, na Galería de Arte de Espiral Maior Foro, ten lugar a exposición de pintura de Xulio García Rivas titulada “As raíces da luz”, que será clausurada a finais do presente mes e pola que xa pasaron máis de 200 persoas.


 

Comentarios