Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Espiral Maior celebra o Día da Poesía cun recital coas novas voces costeiras

Espiral Maior Foro Carballo
Espiral Maior celebra o Día da Poesía cun recital coas novas voces costeiras

O martes, 21 de marzo, ás 20:00 h. terá lugar no espazo cultural de Espiral Maior Foro de Carballo (Rúa do Sol, 34), un acto poético-musical para celebrar o Día Mundial da Poesía.

Organizado por Miguel Anxo Fernán Vello en colaboración coa Asociación Cultural Lumieira, no acto participarán 6 importantes poetas emerxentes, voces do presente e do futuro, de Carballo, Bergantiños e da Costa da Morte —todos eles con poemas e libros publicados—, configurando así unha constelación plural e diversa de poéticas que confirman o gran poder creativo e literario actual, unha realidade poética esta que xa tivera no seu día como fito, hai máis de 25 anos, a aparición do Batallón Literario da Costa da Morte.

Os poetas participantes no acto para declamar os seus versos son Raúl Herrera (Carballo), Ainhoa Conde (Cee), Ronsel Pan (Arteixo), Juan Couto (Carballo), Natalia Lema (Vimianzo) e Diego Cousillas (Malpica de Bergantiños). E o acto contará coa intervención musical ao vivo (“concerto de salón”) do grupo musical carballés Chicharrón, que, con dez anos de existencia, prepara a saída inminente dun novo disco, “O que nos queda por dicir”, título inspirado nun verso da poeta uruguaia Ida Vitale.
 

Comentarios