Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Espiral Maior Foro inaugura un Seminario sobre Pondal

INAUGURACIÓN SEMINARIO EDUARDO PONDAL XXI
O Espiral Maior Foro inaugura un Seminario sobre Pondal

O sábado, 11 de febreiro, ás 11:30 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) a inauguración do Seminario Eduardo Pondal XXI, que se configura como un espazo aberto ao público e destinado ao estudo e ao debate sobre a obra de Eduardo Pondal, posibilitando así unha lectura e relectura do patrimonio literario do bardo bergantiñán, galego e universal. 

A primeira sesión do Seminario, coordinado polo filósofo, investigador e escritor Luís G. Soto, versará sobre “A figura das fadas en Pondal” e contará coa participación, ademais do propio Luís G. Soto, da profesora de Lingua e Literatura Galega Paula Cousillas e do profesor de Lingua e Literatura e investigador Afonso Xavier Canosa. Entre as persoas presentes, unha vez realizada a exposición dos investigadores convidados establecerase un coloquio.

Comentarios