O Estudo Garabato ponse de moda coa deseñadora carballesa Anna Viu

09:57 08/04/22
Este domingo 10 de abril ás 13:30 horas, a hora da sesión vermouth, o Estudo Garabato inaugura a exposición sobre moda de Anna Viu "Fios sen rematar”, unha retrospectiva sobre o deseño de unha prenda dende a idea, o concepto, boceto e arte final.
A deseñadora carballesa Anna Viu mostra nesta exposición todo o proceso dunha prenda coma unha obra de arte.