Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Eva Veiga e Chisco Fdez. Naval presentan no Espiral Maior Foro o seu novo libro de poemas

PRESENTACIÓN EN CARBALLO  libro de Eva Veiga e de Francisco Fernández Naval_page-0001
Eva Veiga e Chisco Fdez. Naval presentan no Espiral Maior Foro o seu novo libro de poemas

Este xoves 23 de maio, ás 20:00 h., o Espiral Maior Foro de Carballo (Rúa do Sol, 34), acolle o acto de presentación do libro de poemas de Eva Veiga e Francisco Fernández Naval titulado “Fragor do urdido”, publicado pola editorial Belagua.

Ademais da presenza e participación dos dous autores, dúas destacadas personalidades da literatura galega contemporánea, participará tamén no acto o escritor e director de Espiral Maior Foro, Miguel Anxo Fernán Vello.

“Fragor do urdido”, que se ofrece en edición bilingüe galego-castelán, é unha obra na que se abre «unha fiestra pola que entrar e saír de nós mesmos para, como fan as agullas de tecer, entear un texto onde dúas voces poéticas se alían, desaparecendo toda marca de autoría, para dar conta desa avinza entre o que se vive e o impredicible, nun xogo no que as palabras e os versos cobran poder e autonomía na construción do poema».

Comentarios