Brens xunta os versos e as reflexións de Natalia Lema e Antón Recamán

10:32 22/05/24
Interesante cita poética a que organiza a SCD Brens. A entidade ceense acolle este sábado 25 de maio na Axencia de Lectura de Brens un recital de poesía/charla con dúas das novas figuras da nosa poesía, como son a vimiancesa Natalia Lema e o ceense Antón Recamán.
Será unha fermosa xornada para escoitar versos do libro de Natalia, “Do amor e o delirio” e de Antón, “Apatria”, pero tamén para escoitar as súas voces e opinión sobre a creación literaria.