A exposición “A Rede Visible” visibiliza ás mulleres LBT por Carballo

Os paneis recollen imaxes de mulleres como Cristy Tojo Velasco, campioa de España e de Europa sénior de parakárate; Rocío Fraga Sáenz, ex-concelleira de Igualdade da Coruña; Artemisa Semedo, poeta-performer; Marta Álvarez Quinteiro, empresaria do sector cosmético; Elena Ferro, zoqueira, Premio Nacional de Artesanía; María Falcón e Cristina Yagüe, viticultoras; Andrea Nunes Brión, poeta e profesora; Páris Xácia Ceive, escritora e creadora do espazo “Sete Outeiros”; Patricia López-Carcedo, voluntaria de Protección Civil e tripulante de pasaxeiros de cabina; Lucía Trenor López, sindicalista, e Marta Fernández Herráiz, fundadora de LesWorking e co-directora xeral de REDI,<&op>
“A rede visible” conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Dende Les Coruña explican que a idea é amosar “un tecido de referencias, apoio, inspiración e normalización no día a día de mulleres galegas que amplían os xéneros e as sexualidades impostas. Elas son testemuño da diversidade e da valentía que implica enriquecer hoxe a figura da muller na cidade e no agro do noso país”.
A exposición inclúe tamén un espazo para a participación veciñal: un primeiro panel-photocall no que todas as persoas que o desexen poderán fotografarse. Se o facedes e subides esa imaxe ás vosas redes sociais utilizando o cancelo #redevisible participaredes nun sorteo de agasallos do Concello de Carballo.