Un falecido tras un accidente de tractor en Carballo

07:57 31/01/25
Arredor das 19:00h de onte xoves, rexistrábase un accidente cun tractor en Vilela, Carballo. Os familiares chamaban ao 112 alarmados polo envorco do tractor que conducía o pai, indicando que quedara atrapado debaixo. O accidente tivera lugar na estrada e había ademais outro turismo implicado.
De contado mobilizáronse os Bombeiros de Carballo e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil. Por suposto, tamén foron avisados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes de Garda Civil e a Policía Local.
Con todo, nada puido facerse polo señor, que resultou falecido.
Outras novas