As Festas de Carballo queren xerar menos residuos

14:22 14/06/22
Concello e Comisións de Festas de Carballo van colaborar este ano para que as festas sexan menos contaminantes. Non cabe dúbida que esta clase de eventos xeran unha manchea de lixo e para iso as entidades se unen que sexan máis sostibles.
O Concello aportará os colectores necesarios para separar o lixo o mellor posible. “Sabemos que é algo que vai supoñer un esforzo, pero o noso medio ambiente ben o merece”, sinalaba a Concelleira de Festas Maruxa Suárez Cotelo.Na carta dirixida ás comisións de festas tamén se lembra que a nova Lei de Residuos prohibe a utilización de vasos de plástico dun só uso, para que, aínda que non se trata dunha competencia municipal, tamén o teñan en conta.
A primeira experiencia xa foi onte na parroquia de Artes, aproveitando a celebración do San Antón en Vilar de Francos.