Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O FIOT abre a venda de entradas para a Rúa dos Contos mentres busca voluntariado

Venda de entradas FIOT 2024
O FIOT abre a venda de entradas para a Rúa dos Contos mentres busca voluntariado

FIOT, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, abre a convocatoria de voluntarios para a súa 33ª edición, que se celebrará do 26 de setembro ao 31 de outubro de 2024:

Unha oportunidade para ver espectáculos, coñecer o teatro por dentro, e aprender moito.

O prazo desta convocatoria de voluntarios do #FIOT33 está aberto ata o vindeiro 20 de setembro.

VENDA DE ENTRADAS

Por outra banda, desde mañá, luns, 16 de setembro, ás 10.00h, o público poderá adquirir -a través da plataforma en liña Ataquilla- os bonos e entradas para a Rúa dos Contos, que neste 2024 celebra as súas vodas de prata ao cumprir 25 edicións. Vés celebralas con moito humor?

  • 26 de setembro: ‘Rescate emotivo’ de @waltervelazquezcalostro (gratuíto para a Residencia de Maiores)
  • 26 de setembro: ‘Animación de rúa’ con Walter Velázquez (gratuíto)
  • 26 de setembro: ‘Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)’, de @fedeperez79
  • 27 de setembro: ‘Cagadas’, de Cándido Pazó
  • 27 de setembro: ‘A ver que pasa’, de Evaristo Calvo
  • 28 de setembro: ‘Riquiña’, de @jazminabuin
  • 28 de setembro: ‘Enredada’, de @letidataberna
  • 29 de setembro: ‘Sois maravillosos. D.O. Cádiz’, de @miki_dkai
  • 4 de outubro: ‘Contos entre cordas’, de @mariadapontragha e Bleuenn Le Friec
  • 4 de outubro: ‘Instrucións para tomar café’, de @carlosrebolo_charly
  • 5 de outubro: ‘O mellor e o peor dos 2000’, de Carta de Axuste
  • 11 de outubro: ‘Os diarios de Adán e Eva. Boleros no paraíso’, de @paraisoteatro.cia


Haberá un número limitado de bonos para todas as funcións da Rúa dos Contos (40 euros). 

Máis información sobre a venda de entradas en: https://fiot.gal/entradas/ 

Máis novas

Comentarios