Martes. 10.09.2024
El tiempo

A VIII edición do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT ten xa finalistas

Respira microteatro
Escena de Respira
A VIII edición do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT ten xa finalistas

A VIII edición do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT ten xa finalistas. Trátase do primeiro certame de microteatro que se realiza en Galicia, nacido ao abeiro do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo a pasada década como unha proposta específica de apoio á creación escénica de novos formatos e de compañías ou creadoras e creadores emerxentes.

O FIOT avanza así no seu programa dando coñecer os nomes dos espectáculos experimentais de pequeno formato que foron seleccionados polo seu xurado de profesionais das artes escénicas como finalistas do Certame Micro-Escenas M2, que poderán verse este outubro durante a celebración da 33º edición do FIOT.

Entre as 44 propostas recibidas, as 6 pezas seleccionadas (das cales, 4 serán estreas absolutas) son: Respira, de Sempre ArribaCronopios a escena, de Carmen DomechRebel Rebe, de Vórtice EscénicoWasteland, de VaiemboraTeño un caravel no peito, de Aviva-lo; e Panos de Vinaghre, de Artesa Cía. 

Certame Micro-Escenas M2 é unha iniciativa de teatro de proximidade, primeira creada en Galicia, que busca visualizar novos formatos e experiencias escénicas, así como apoiar a compañías e creadores emerxentes. As propostas finalistas neste 2024 poderán verse en espazos non convencionais e singulares de Carballo durante as fines de semana do #FIOT33: no gabinete Orixe Centro de Psicoloxía, no espazo cultural Espiral Maior Foro, na tenda de roupa Akira, na Fonte da Cristina, no estudo de deseño gráfico Ouvea Creatividade Gráfica e no Mercado Municipal. 

Estas pezas finalistas do VIII Certame Micro-Escenas M2 recibirán unha compensación económica de 450 euros, ademais de optar, durante a celebración do FIOT, aos galardóns de Mellor Espectáculo e Mellor Interpretación, recoñecementos que outorgará o público fioteiro finalizado o evento e que suporán outro premio de 150 euros en cada caso.

 

CALENDARIO REPRESENTACIÓNS VIII CERTAME MICRO-ESCENAS M2 NO #FIOT33

Sábado 12 de outubro

Ás 12.00 h, 13.00 h, 18.00 h e 19.00 h

SEMPRE ARRIBA: Respira (estrea absoluta)
no Orixe Centro de Psicoloxía (Gran Vía, 52) 

CARMEN DOMECH: Cronopios a escena
no Espazo cultural Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34)

 

 

Sábado 19 de outubro

Ás 12.00 h, 13.00 h, 18.00 h e 19.00 h

VÓRTICE ESCÉNICO: Rebel Rebe (estrea absoluta)
No Tenda de roupa Akira (Ponte, 6)

AVIVA-LO: Teño un caravel no peito (estrea absoluta)
Na Fonte da Cristina

 

Sábado 26 de outubro

Ás 12.00 h, 13.00 h, 18.00 h e 19.00 h

VAIEMBORA: Wasteland (estrea absoluta)
En Ouvea Creatividade Gráfica (Gran Vía, s/n)

ARTESA CÍA: Panos de Vinaghre 
No Mercado Municipal (Rúa Cervantes, s/n)

 

 

Máis novas

 

Comentarios