O FIOT innova por pandemia

A primeira das 7 representacións da ficción sonora “A lúa, válvula de spray”, servíu de punto de partida para especial edición do #FIOTenpausa. Unha iniciativa teatral absolutamente rompedora, que levou aos espectadores por diferentes murais carballeses, creando un verdadeiro “discurso cultural” coa cidade.
O escenario itinerante, e o uso do móbil como parte intrínseca da obra, son dúas das demostracións de que o FIOT mantén viva a súa aposta polos novos formatos teatrais. A propia organización e LIDISS son as culpables desta iniciativa.
Un espectador vendo a obra "A Lúa, válvula de spray" co seu móbil
Non faltaron os protagonistas da historia, dende a autora da obra, Rosalía Fernández Rial, pasado polo director, Quico Cadaval, e o elenco, conformado por Melania Cruz, Santi Romay e María Roja.
Novas relacionadas
- “A ficción sonora “A lúa, válvula de spray” crea un discurso artístico coa cidade”.
- Abre a reserva e venda de entradas en liña para o #FIOTenpausa
- Carlos Alonso, Xograr de Outono desta singular edición do #FIOTenpausa 2020.
- 2020: Debullando o programa do FIOT en pausa: Un oasis cultural en medio da pandemia .
- 2020: O FIOT dalle á pausa pero non a stop.
- 2019: As impresionantes cifras do FIOT, a maior oferta teatral de Galicia.