Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Fundación Érguete retoma o servizo de orientación laboral para persoas en proceso de excarceración

Servizo de Integracion laboral de Erguete en Carballo
Servizo de Orientación laboral de Erguete en Carballo
A Fundación Érguete retoma o servizo de orientación laboral para persoas en proceso de excarceración

A Fundación Érguete ten detectado nos seus anos de traballo no Centro Penitenciario de Teixeiro e o Centro de Inserción Social da Coruña, que unha porcentaxe das persoas atendidas son da comarca de Bergantiños. E fai falta actuar, non só dentro, se nón tamén unha vez que esas persoas que teñen pasado anos en prisión, poidan continuar con itinerarios personalizados de inserción, tendo en conta ademais que moitas veces os entornos familiares non son os máis propicios para saír do círculo da delincuencia.

Ese é o obxectivo da Fundación Érguete - Integración, que retoma este mes en Carballo o programa de orientación laboral e xestión de competencias para a inserción sociolaboral de persoas en proceso de excarceración ou que finalizaron condena. A Fundación é unha das entidades que recibe unha subvención por parte do Concello de Carballo, axudando con 1.668 euro.

O programa, como explican dende a fundación, vai dirixido “a dez persoas de Carballo e a súa contorna en réxime de semi-liberdade ou que remataron a súa condena. Do 8 de novembro ao 17 de decembro trataremos de mellorar a súa empregabilidade e as competencias persoais de cara á inserción social e laboral, facilitando a súa integración na comunidade”, explica a pontecesá Ana Suárez, traballadora social da entidade.

Comentarios