Gustavo Figueira despídese do Concello de Carballo tras 43 anos como funcionario
09:57 11/03/23
Longa carreira a que remata coa xubilación de Gustavo Figueira. En 1979 comezaba a traballar como funcionario no Concello de Carballo no equipo de servizos económicos. Así, tras 43 anos, os seus compañeiros decidiron render unha homenaxe. “Eu aquí vin traballar e gustábame vir traballar. Intentei facer o meu traballo o mellor que puiden e atender ao público tamén o mellor que puiden”, respondeu o homenaxeado.
Gustavo Figueira foi despedido con aplausos polos seus compañeiros e compañeiras, e tamén con agasallos, entre eles unha fermosa obra do artista carballés Manuel Facal e, como non podía ser doutro xeito, o carballo de Sargadelos que identifica o concello.