Martes. 23.04.2024
El tiempo

Unha homenaxe ás Mártires de Sofán polo centenario da súa morte

Centenario Martires de Sofan-Carballo 1919-2019
Unha homenaxe ás Mártires de Sofán polo centenario da súa morte
Unha homenaxe polo centenario das Mártires de Sofán

Un 16 de febreiro de 1919, catro veciñas de Sofán perdían a vida nuns entre a veciñanza de Sofán e a Garda Civil. María Caamaño Pallas, Carmen Veira Souto, María Serrano Paz e Josefa Bolón Mato, non estaban conforme coa decisión de pechar o cemiterio vello e construír un novo. Aquel 16 de febreiro, tocaba enterrar un neno de 4 anos, e a veciñanza de Sofán procedía a enterralo ao lado dos seus familiares. Foi aí cando a Garda Civil realizou unha salvaxe intervención, que propiciou numerosos feridos ademais da morte destas 4 bravas mulleres.

100 anos despois, o Concello de Carballo, a instancias do Consello Parroquial (tamén valen para isto estas xuntanzas da veciñanza co concello), vai render homenaxe ás coñecidas como “Mártires de Sofán”.

Este sábado 16 será inaugurado un monumento na súa memoria, nun acto organizado conxuntamente polo Concello, o Consello Parroquial e a asociación Lumieira. O acto comezará ás 13:00h.

O historiador e cronista carballés Xan Fraga Rodríguez que unha introdución explicativa do momento histórico no que se produciron os acontecementos que desembocaron na morte das catro veciñas de Sofán. Xan Fraga xa contou polo miúdo a historia en terraetempo.

De seguido será inaugurado o monumento que non puideron erguer no seu momento os alcaldes carballeses da II República Francisco Bolón e José Monteagudo. A continuación intervirán familiares das homenaxeadas e, por último, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Comentarios