Venres. 19.04.2024
El tiempo

O IES Parga Pondal coñece ás Mulleres Científicas Galegas

Cientificas no IES Eduardo Pondal
O IES Parga Pondal coñece ás Mulleres Científicas Galegas

Un cento de alumnos e alumnas de 1º ESO do IES Isidro Parga Pondal participou o pasado venres en catro obradoiros sobre mulleres científicas galegas. Unha programación para visibilizar a presencia das mulleres e da lingua propia de Galicia no ámbito da ciencia e da investigación científica, así como dar a coñecer e fixar referentes que animen ás alumnas a cursar as coñecidas como carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

As protagonistas foron Isabel Zendal e Ánxeles Alvariño, cuisa historia cómpre lembrar. Zendal foi primeira enfermeira galega en misión internacional grazas á que se conseguiu levar a vacina da varíola desde Galicia a América a comezos do s. XIX.
Pola súa parte, a ferrolá Ánxeles Alvariño, oceanógrafa e primeira muller científica nun buque de investigación internacional.

O alumnado aprendeu facendo varios experimentos científicos caseiros de microbioloxía e inmunoloxía mediante test de anticorpos, cultivo de bacterias e estampado de mostras, imprimación de peixes segundo a técnica Gyotaku ou descomposición das cunchas dos moluscos.

A iniciativa, desenvolta no marco da celebración do Mes da Ciencia en Galego, organizado polo Departamento de Lingua galega e literatura do centro carballés co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística a través dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e do Fondo de proxectos Xacobeo 21-22, realizou a cargo de Fátima Rodríguez.

Comentarios