Venres. 19.04.2024
El tiempo

Inaugurada en Carballo unha exposición fotográfica sobre a inclusión laboral das persoas con discapacidade

Cegasal Carballo 2
Inaugurada en Carballo unha exposición fotográfica sobre a inclusión laboral das persoas con discapacidade
Esta pasada mañá de martes 7 de febreiro, a Deputación da Coruña e CEGASAL (Asociación de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro), en colaboración co Concello de Carballo, inauguraron  no Pazo da Cultura unha mostra fotográfica itinerante que visibiliza a realidade laboral das persoas con discapacidade.

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o presidente de CEGASAL, José Antonio Vázquez Freire, inauguraron hoxe a mostra, obra do fotógrafo coruñés Diego Silva, que percorreu ao longo de dous anos e medio os centros especiais de emprego da entidade para plasmar coa súa cámara a actividade diaria destes profesionais. Non faltou ao evento Adolfo López, presidente da Asociación Íntegro.

A mostra fotográfica de Diego Silva está formada por 24 imaxes, más de 24.000 palabras, para sacar do silencio a capacidade laboral das persoas con discapacidade.

25 anos

CEGASAL cumpriu no ano 2022 os 25 anos da súa creación e conseguiu que o 96% dos traballadores dos 32 centros especiais de emprego que representan sexan persoas con discapacidade. O obxectivo que se marcan para os próximos anos é o de aumentar a taxa de creación de emprego un 20%, é dicir, xerar 400 postos de traballo máis.

Na actualidade, os centros especiais de CEGASAl, no seu conxunto, facturan máis de 44 millóns de euros e dan emprego a ao redor de 2.100 persoas con discapacidade.
 

Comentarios