Martes. 19.03.2024
El tiempo

Incautan o coche dun usuario por reincidente

Coche decomisado en Val do Dubra
Coche decomisado en Tordoia
Incautan o coche dun usuario por reincidente

Este luns, o Grupo de Investigación e Análise do Tráfico (GIAT) do Sector de Tráfico de Galicia, cazaba un usuario que conducía baixo a influencia do alcohol, logo de ser privado por sentenza firme do permiso de condución. Unha situación reincidente, de grave risco, que obrigaba á Benemérita a requisar o vehículo para dalo de baixa para a circulación e entregado a un centro autorizado de tratamento para chatarra.

O control estaba sendo realizado na rotonda de Tordoia onde conflúe DP-1914 (a estrada de Carballo a Santiago) ca AC-400 (que une Santa Comba e Coruña por Cerceda), a apenas 13 quilómtros de Carballo.

Os gardas civís, actuaron en cumprimento do acordado en sentenza do Xulgado do Penal número 3 da Coruña, coa conformidad da Fiscalía. Sentenza que se ditou trala celebración dun Xuízo Rápido por un delito contra a seguridade vial.

Comentarios