Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un incendio nas deshabitadas “casas dos maestros” poñen de manifesto a necesidade dunha rexeneración

incendio nas casas dos maestros Carballo
Un incendio nas deshabitadas “casas dos maestros” poñen de manifesto a necesidade dunha rexeneración

Esta madrugada tivo lugar un incendio nas chamadas “casas dos maestros”, esas vivendas abandonadas situadas na Rúa Vázquez de Parga de Carballo. Saía abundante fume por dúas fiestras dunha das vivendas do 1º andar. O que estaba ardendo era un colchón situado nunha habitación así que os Bombeiros procederon á extinción empregando uns 500 litros de auga.

Descoñecen a orixe do incendio, que só afectou ao propio colchón e algúns enseres de arredor, sen haber persoas afectadas.

Pero a situación pon de manifesto a necesidade de actuar, de rexenerar a zona. Xa a Asociación Vieiro tivo moitos problemas en 2020, con numerosos roubos e mesmo sufrindo un incendio que os obrigou a cambiar de sede.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios