Martes. 07.04.2020
El tiempo

A Asociación Vieiro denuncia outro roubo e pide apoio para cambiar de sede

As instalacións da Asociación Vieiro están nas antigas casas dos mestres
As instalacións da Asociación Vieiro están nas antigas casas dos mestres
A Asociación Vieiro denuncia outro roubo e pide apoio para cambiar de sede

O pasado mes de agosto denunciaban un roubo nas súas instalacións. Esta fin de semana volveu pasar. Este mesmo mañá de domingo 23 de febreiro, membros da directiva da Asociación Vieiro atopáronse coa porta da entidade social forzada, e varias cousas roubadas dentro da oficina.

Deron conta ás forzas de seguridade e denunciaron os feitos ante a Garda Civil, pero tamén necesitan amosar a súa impotencia polos feitos, máis que polo subtraído (artigos por valor duns 1.000€ máis os desperfectos ocasionados polo “reventón” da porta). O “golpe moral é o que máis doe a unha entidade como a nosa, sen ánimo de lucro, que está a desenvolver unha labor social en beneficio da comunidade”, explican.

Por iso, trasladaron, pola vía de urxencia, o aviso ao concelleiro de servizos do concello de Carballo Luís Lamas dos feitos acontecidos e este comprometeuse a proceder á reparación dos desperfectos por parte da brigada municipal o luns, xa que o inmueble é de titularidade municipal.

Abandono

A primeira avaliación que se fai desde Vieiro en palabras do Vicepresidente da entidade Xosé María Arán, é que d”esde que o complexo sito na rúa Vázquez de Parga (antigas vivendas dos profesores), está desafectado e xa non viven profesores, está a pasar por un constante deterioro nos diferentes bloques de vivendas, primeiro cando deixaron de usarse polos profesores e dependían da Xunta de Galicia e agora que son propiedade do Concello de Carballo, estando estas en semirruinoso e á vez con ocupas e persoas que as frecuentan para facer actos de vandalismo, como ocorreu o ano pasado co incendio dunha vivenda dun dos bloques”.

Ante esta situación, Arán manifesta que “Vieiro ten que suscitarse en curto prazo o abandono da súa sé, xa que estes feitos sumados coa degradación da contorna están a dar unha imaxe negativa da entidade aos usuarios que alí acoden”.

Novas relacionadas

comentarios