Martes. 16.04.2024
El tiempo

Investigados un veciño de Carballo e a súa nai por realizar unha estafa na compra dun tractor

Investigados un veciño de Carballo e a súa nai por realizar unha estafa na compra dun tractor

Un home e a súa nai, veciños de Carballo, foron investigados pola Garda Civil tras ser descubertos como supostos autores dun delito de estaba. A historia desenvólvese no marco da compra por unha coñecida web de compra-venda dun tractor. Os carballeses fixaban cunha persoa de Lebrija (Sevilla) a compra dun tractor por 55.055 euros.

O método odo de pago faríase mediante transferencia bancaria, unha vez que o vendedor recibise a mesma, enviaría o tractor á dirección indicada dos compradores. Ao día seguinte da operación o vendedor recibe chamada telefónica da nai do comprador comunicándolle que realizara a transferencia e enviándolle vía whastapp unha captura da mesma, polo que o vendedor preparou o tractor para ser enviado aos novos propietarios.

Pero a transferencia resultou ser falsa, e a Garda Civil trasladou á zona a operación, sendo descuberto o tractor na localidade de Bembibre (Val do Dubra), coa matrícula cambiada. Os axentes esperaron para localizar o propietario, para detelo, así como á súa nai, por un posible delito de esta, e só ao home por un posible delito de falsedade documental pola matrícula falsa.
Os detidos, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Carballo.

Comentarios