Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Investigados dous carballeses por roubar unha cadeira de rodas motorizada

Investigados dous carballeses por roubar unha cadeira de rodas motorizada

Unha cadeira de rodas motorizada… A Garda Civil investiga dous veciños de Carballo por presunto delito de furto dunha cadeira de rodas motorizada, valorada nuns 4.000€, roubada nun portal. A filla da vítima denunciaba a sustración e a Garda Civil de Carballo comezaba a investigación.

Conseguían identificar aos autores e mesmo recuperar a cadeira, que foi devolta á súa lexítima propietaria, procedendo igualmente á investigación dos dous presuntos autores, e poñendo as actuacións a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Carballo.

Comentarios