O irmandamento entre Carballo e L´Isle Jourdain tamén derruba muros con pintura
O irma
O museo ao aire libre de Carballo aumenta. E non só da man do Rexenera Fest. Faino agora tamén gracias ás inciativas polo 25 aniversario do irmandamento entre Carballo e L´Isle Jourdain.
O mural ao aire libre titulado "JUMELAGE" ubicado na rúa Vila de Noia de Carballo e iniciado o pasado mes de abril coincidindo coa visita dos franceses á capital bergantiñá xa está finalizado
A obra foi realizada polos ilustradores carballeses Santiago Picos e Cristina Castro. Nesta creación as follas do carballo simbolizan a vila bergantiñá e os xirasois os campos que rodean L'Isle Jourdain.
Carballo no Musée Européen d´Art Campanaire de L´Isle Jourdain
Durante este mes de xuño Carballo estará moi presente na vila francesa de L´Isle Jourdain. Os concellos de Carballo e L´Isle Jourdain en colaboración cos comités de Irmandamento de ámbalas dúas vilas promoveron unha exposición con fotos de varias das magníficas e impresionantes obras de arte urbano que decoran as rúas do municipio carballés. A exposición manterase aberta ao público ata o 22 de xuño de 2019. A mostra incluirá o mural conmemorativo dos 25 anos de irmandamento inaugurado ante a presenza de representantes de ámbolos dous concellos e dos Comités de Irmandamento.