Javier Rodríguez achega a arte a todo o mundo no Estudo Garabato

O Estudo Garabato abre o ano novo con nova exposición pictórica: Procesos de Javier Rodriguez. Este licenciado en restauración de pedra e cerámica, nado en 1970 en Zurich, ten numerosas exposicións no seu haber e esta é a súa primera individual en territorio carballés.
A inauguración será o sábado 11 de xaneiro ás 21:00h, e a exposición estará aberta ata o 15 de febreiro.
”O obxectivo desta Exposición é acurtar a brecha elitista que hai entre o mundo da pintura coa xente corrente. Pois moitas veces polo propios prexuízos de ámbalas partes fai que non se cheguen a coñecer”, explica.
“O meu desexo principal é crear cadros para a xente como ti e eu. Romper esa brecha que hai entre a arte contemporánea do cal en moitas ocasións non o entendemos ou non tivemos unha explicación previa para un mellor entendemento da mesma.
O surrealismo baséase na interpretación do subconsciente. O mellor deste estilo é que sempre traballa nos sentimentos básicos que todos levamos dentro e coñecemos como o medo, a tristeza, a alegría, o amor e os nosos desexos propios.
Ás veces non somos conscientes pero cando durmimos o noso subconsciente procesa todo esa información para estar equilibrados.
”Creo que a arte é para todo o mundo. Porque ao final é do que se trata e de compartir algo que todos temos e sentimos no noso interior e que ás veces simplemente non empatizamos cos demais porque nos esquecemos que eles tamén senten e padecen”, apunta.
NOVAS RELACIONADAS
- Este Nadal, regala artesanía bergantiñá en Garabato.
- A Galería Garabato abstráese coa obra de Noemí D. Neira.
- A maleta do Bululú de Miolos aterra en Vimianzo.
- Mon Lendoiro leva as súa colaxes á comarca de Fisterra.
- Mon Lendoiro e Milagros Cotelo unen a súa memoria nunha exposición
- Entrevista con Mon Lendoiro: “Cambiaría moito a cousa que a xente fose saíndo do armario”