martes. 30.12.2025
El tiempo

Os Saltarrejos perfilan xa o calendario de accións deportivas para o 2026

saída_kids da Carreira de Esteiro-Saltarrejos
Imaxe da saída "kids" da Carreira de Esteiro dos Saltarrejos deste ano
Os Saltarrejos perfilan xa o calendario de accións deportivas para o 2026

A Asociación Deportiva Os Saltarrejos, vén de definir o calendario de eventos para o ano 2026. Un calendario que demostra a tremenda actividade deste grupo de amantes dos deportes, que tratan ademais de non solaparse con outras actividades na zona, sabendo que é difícil non solaparse con algunha cita.

O grupo toma a decisión de escoller estas datas tómase en base ao princípio de continuidade, xa que os eventos que organizan teñen xa certo tipo de arraigo dentro dos calendarios que os afeccionados comparten a hora de escoller datas e probas.

Hai datas sinaladas como o 17 de Maio, nas que seguramente coincidirán con actos culturales polo Día das letras Galegas e regata de traíñas veteranos en Muros, pero consideran que que dada a pouca similitude entre eventos e diferencia de horarios non debería afectar ao normal desenvolvemento dos mesmos.

Este é o calendario Saltarrejos para 2026:

  • 19/04/2026: ANDAINA DE ESTEIRO
  • 17/05/2026: BTT DE ESTEIRO
  • 29/08/2026: TRAVESÍA ILLA DA CREBA
  • 19/09/2026: DIA DA BICICLETA
  • 04/10/2026: CARREIRA A PE DE ESTEIRO

 

Máis novas

 

Comentarios